Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Freo a liberdade de expresión

Arizona imporá até un ano de cárcere por vender camisetas contra a guerra de Iraq

A polémica comezou coa camisola que leva a frase "Bush mentiu, eles morreron", enriba de máis de tres mil nomes de soldados estadounidenses mortos en Iraq.

Redacción - 12:05 16/07/2007

A iniciativa lexislativa xurdiu despois do éxito das camisolas vendidas por un empresario local con este lema e que levaron a que a cámara do estado de Arizona votase por maioría en favor do proxecto.

A medida permite que o uso dos nomes dos soldados falecidos na venda de produtos de calquera tipo poida ser castigada con até un ano de cárcere. Tamén fai posíbel que as familias dos militares vaian aos tribunais para impedir as vendas e seren indemnizadas.

En letra pequena, o nome de milleiros de soldados mortos aparecía en varias camisolas con diferentes lemas: "Bush mentiu, eles morreron", "Apoiade os soldados que quedan" ou "Traede o resto vivo á casa". Con todo, camisolas, autocolantes e outros obxectos con lemas deste estilo poden atoparse nos EUA noutros lugares. O avogado do deseñador sostén que a norma imposta polos lexisladores é "inconstitucional" e subliña que os nomes dos militares falecidos "son de coñecemento público".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: