Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Un mozo de 14 anos en Famalição

Primeira morte en Portugal pola doenza de Creutzfeld-Jakob

Confírmase que o rapaz morrera debido á variante en humanos do mal das vacas tolas.

Redacción - 10:30 14/07/2007

A Direcção-Geral de Saúde, DGS, do goberno portugués recibiu este venres a notificación da autopsia realizada ao rapaz de 14 anos morto o pasado mes de abril no Hospital de San Marcos, en Braga. A analítica confirma a sospeita de que o cativo falecera debido á variante máis grave da doenza de Creutzfeldt-Jacob. Trátase da primeira morte en Portugal debido a esta enfermidade.

Caracterizada pola dexeneración dos tecidos cerebrais, a variante tradicional da Creutzfeldt-Jacob é máis habitual e en Portugal diagnostícanse nualmente unha media de até dez casos, habitualmente en persoas de idade avanzada. Porén, a variante humana do mal das vacas tolas máis agresivas é o tipo de enfermidade de Creutzfeldt-Jacob atopado no rapaz nado en Famalição e morto en Braga hai tres meses. Este tipo específico considérase que está relacionado co consumo de carne de bovino.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: