O 87% dos rapaces que viven na capital da Arxentina pensa que sabe sobre o VIH pero en verdade descoñece as formas de transmisión do virus. Unha crónica de Débora Campos.
Segundo unha enquisa que está sendo cuestionada polo goberno porteño, o 87 por cento dos rapaces e rapazas que viven na cidade de Bos Aires pensa que ten información abondo sobre o VIH e a enfermidade do Sida pero non é quen de detallar cales son as maneiras de contaxio e de prevención. Ademáis, o 78 por cento confesa conductas de risco.
A enquisa é unha mostra preliminar desenvolvida polo departamento de Biosicoloxía da Universidade John Kennedy, que fixo a enquisa entre mozos de entre 13 e 21 anos que estudan nas escolas secundarias públicas e privadas da capital da Arxentina.
A directora de Prevención e Coordinación de Sida do goberno porteño, Silvana Weller, cuestionou os resultados do traballo xa que "temos certeza de que os adolescentes na cidade saben que o VIH se transmite a través das relacións sexuais e que o preservativo é o método máis eficaz para previlo", dixo.
"As veces, o problema das enquisas é saber qué palabras se empregan para facer as preguntas, xa que os rapaces e rapazas dende logo non coñecen cuestións específicas da enfermidade, como transmisión vertical ou células T, pero sí que usando preservativo pódese evitar a sida", afirmou Weller.
Posibilidade de contaxio
A enquisa -que no primeiro ponto preguntaba se se sabía sobre a sida- mostrou que o 62 por cento dos entrevistados respondeu que tiña coñecementos da enfermidade, mentres que un 14 por cento recoñeceu que non sabía nada e o 24 por cento non respondeu a pregunta.
Sobre as maneiras de transmisión e contaxio, do 62 por cento que dixo saber, un 56,25 por cento non tiña idea sobre como se transmite o VIH, e o 31 por cento del total de consultados deu respostas erradas sobre o asunto.
Os responsables da enquisa sinalaron que o traballo evidencia que "a meirande parte dos rapaces e rapazas pensa que eles non lles vai pasar e teñen conductas propias da súa inmadurez biosicosocial frente á posibilidade de contaxio".
"Outro dato interesante da enquisa -suliñaron- é que os adolescentes supoñen que formaron unha parella estable logo dun mes de relación e iso os leva a non coidarse adecuadamente diante da posibilidade do contaxio".