...aínda que os vellos patróns usan outras palabras para esta manobra mariñeira. No concurso de Vieiros do Mar podes descubrir cales. Lembra que sorteamos varios convites a comer e navegar!
Do mar e das palabras, a ver que sabes!
Vieiros e a Federación Galega de Cultura Marítima convídante ao VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que este ano se celebrará en Ferrol entre o 8 e o 10 de xullo.
Para gozardes mellor deses días e a pé de mar, sortearemos cinco convites especiais, cada un deles para dúas persoas: os gañadores poderán escoller un deses días para comer, cear e dar un paseo pola ría nunha das embarcacións participantes.
Para entrar no sorteo tedes que responder ás catorce preguntas propostas en Vieiros do Mar. Cun mínimo de oito respostas acertadas xa entrades no sorteo. Até o de agora, medio cento de persoas atinaron ese mínimo e optan ao convite!