Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Apoio a Bernardo Bastida

Duascentas persoas emprenden a marcha a pé cara a Teixeiro

O percorrido, de 89 quilómetros, realizarase en tres tramos, e culminará o domingo arredor das tres da tarde.

Redacción - 17:51 08/06/2007

Uns douscentos mariscadores, mariñeiros e cidadáns de Ferrol e doutras localidades comezaron o venres á tarde unha marcha a pé até a prisión de Teixeiro. Queren amosa, deste xeito, a súa solidariedade con Bernardo Bastida, patrón maior da confraría da cidade, que se atopa na cadea dende o 30 de maio por terlle bloqueado a entrada na ría a un gaseiro con destino á planta de Reganosa.

O acordo da asemblea extraordinaria da confraría foi realizar a marcha, de 89 quilómetros dende o peirao de Ferrol até o cárcere, en tres etapas de 19, 42 e 28 quilómetros. Polo camiño, iránselles sumando veciños dos concellos polos que discorre a marcha: Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Coirós e Curtis, onde se atopa Teixeiro.

A primeira etapa partiu dende Curuxeiras ás catro da tarde do venres e tiña prevista a chegada ás oito do serán a Pontedeume, onde os participantes pasarán a noite no pavillón municipal próximo ao porto. O sábado partirán ás sete da mañá para facer un primeiro tramo de 29 quilómetros. Á unha xantarán en Betanzos, e continuarán a marcha até faceren noite en Ois (Coirós), nun pavillón cuberto.

O derradeiro tramo da marcha será o domingo, cunha distancia de 15 quilómetros até Teixeiro, onde voceiros dos organizadores lles dirixirán unhas palabras aos integrantes da marcha. A chegada está prevista para as tres da tarde. No seu camiño, estarán acompañados de efectivos de Protección Civil e das policías de cada concello do percorrido.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: