Manuel Cruz, dende Arteixo, envíanos esta foto para o certame "Unha imaxe para o galego"
"Cando alguén atopa un galego nunha escaleira, di que non se pode saber se sobe ou baixa. !A ver se é que a nosa lingua tamén se atopa na mesma escaleira¡". Así nos explica o autor o sentido do seu traballo.
Seguimos á procura dunha imaxe para o galego. Con esta xa van máis de corenta propostas fotográficas. O prazo do concurso remata o vindeiro luns día 11 de xuño. Consulta as bases e os traballos que xa chegaron. As fotos hai que envialas a vieiros@vieiros.com