Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
os galegos os mellor dotados para ensinar castelán, galego e portugués

"Sería bo que a presenza de Galiza se faga notar no mundo lusófono"

O director do Instituto Cervantes, César Antonio Molina sinalou que Galiza está nunha "situación privilexiada" para ser canteira de mestres e formadores de castelán e de linguas lusófonas.

Redacción - 18:17 06/06/2007
Logo do Instituto Cervantes

Logo do Instituto Cervantes

Dado o achegamento que existe entre a nosa lingua, o castelán e mailo portugués, Molina pensa que os galegos son os mellor formados para seren profesores destas tres linguas en todo o mundo, ante a "escaseza" actual de docentes. Por isto, Molina sinalou que sería unha boa cousa que Galiza "faga notar a súa presenza no mundo lusófono".

Para isto, o director do IC avoga polo traballo na formación de docentes dende o país; profesores que poidan incorporarse canto antes á súa institución en países como Brasil, -onde fan falta uns 220.000 profesores-, Portugal ou as próximas aperturas do Instituto en Angola e Mozambique.

O director do Instituto cervantes fixo todas estas reflexión na terza, mentres asinaba un convenio marco de colaboración co reitor da Universidade da Coruña (UDC), José María Barja.


3,67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os galegos son os mellor dotados para ensinar na lusofonía
Os galegos son os mellor dotados para ensinar na lusofonía