Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Veto ao fútbol por riba dos 2.500 metros

A FIFA dálle coa porta nos fuciños a Bolivia

Joseph Blatter, presidente da primeira, négalle audiencia a unha delegación boliviana, encabezada polo ministro da Presidencia, para dialogar sobre a prohibición.

Redacción - 12:51 04/06/2007
Joseph Blatter, presidente da FIFA

Joseph Blatter, presidente da FIFA

A delegación boliviana, composta polo ministro da Presidencia, Juan Ramón Quintana, o viceministro de Deportes e ex capitán da única selección do país en participar nun Mundial en 1994, Milton Melgar, e o xornalista deportivo Alfonso Arévalo, non conseguiu reunirse co presidente da Federación Internacional de Fútbol (FIFA), Joseph Blatter, en Zürich (Suíza) a pasada semana, para tratar sobre a prohibición do organismo á disputa de partidos internacionais por riba dos 2.500 metros.

Malia viaxar en avión durante máis de trinta horas, a FIFA negoulle audiencia á comitiva, e "a oportunidade de defender o dereito de Bolivia, un país de montaña, a xogar nos seus estadios", segundo informa o diario alemán Deutsche Welle.

Medida discriminatoria

"Non é agradábel ter que regresar a contarlles aos nosos cidadáns que o señor Blatter non tivo a xentileza, nin as boas maneiras, nin o civismo de concedernos, como representantes dun pobo, cinco minutos do seu tempo. A medida da FIFA e o seu xeito de nos tratar non son só displicentes con Bolivia, senón tamén discriminatorias" declarou Quintana.

Os bolivianos retornan á casa cunha derrota que agardan, segundo indicou o ministro, traducir a nivel político nunha vitoria a través doutras accións. "Agora teremos que exercer presión a través da mobilización da nosa sociedade civil en protesta á medida; ademais, internacionalmente xa contamos co decidido apoio dos gobernos de Ecuador, Colombia, Perú e Venezuela", sinalou.


3/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: