Co reconto xa pechado, o xa alcalde e líder de Terra Galega lograría 10 concelleiros en Narón, o PP 5, o BNG 3 e o PSdeG 3.
Aínda que TeGa foi a forza máis votada, Gato deixou no camiño 3 concelleiros que pasaron ao BNG e PSdeG. Terra Galega (antes Unidade por Narón) precisará por primeira vez, cando menos, de apoios puntuais para sacar adiante o seu programa de goberno.