O vocalista coruñés dálles un novo enfoque a cancións tradicionais no seu segundo traballo en solitario.
O cantante coruñés Xabier Díaz presenta o martes o seu segundo disco en solitario, que levará o título de Coplas para Icía. No traballo, Díaz recicla música tradicional do país con arranxos do século XXI.
O autor foi voz da Nova Galega de Danza e colaborou con grupos como Berrogüetto, Luar Na Lubre, Marful, Nordestin@s e con Amancio Prada.
O acto desenvolverase ao mediodía na Galería Sargadelos da Coruña, e terá como presentadora a Ugia Pedreira, folclorista e cantante de Nordestin@s e de Marful.