Con este título a profesora e especialista en María Mariño ofrecerá unha conferencia na Universidade de Barcelona o venres 18.
Retrato de María Mariño
Carmen Blanco ten estudado e editado a escritora das Letras Galegas deste ano e recentemente publicou María Mariño, vida e obra. É profesora de Literatura Galega no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela e a súa obra ensaística céntrase no estudo das interrelacións de poder, muller, sexo e literatura.
Coincidindo co mes das Letras Galegas, na biblioteca UB exponse unha escolla biobibliográfica que este ano leva o título "María Mariño e as escritoras baixo a ditadura".
Conferencia de Carmen Blanco: "O misterio de María Mariño"
Venres, 18 de maio de 2007, 19.30 h
Aula 113, Edifici Històric
Universitat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585 | Barcelona