Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En xuño decídese a sede do evento

Propoñen que a Amazonía sexa protagonista do Fórum Social 2009

Colectivos brasileiros difunden a "Candidatura da Região Amazônica para sede do Fórum Social Mundial 2009".

Redacción - 08:00 16/05/2007
Tags: Amazonía FSM

Nas últimas semanas, o documento que pide a adhesión á candidatura amazónica para o Foro Social Mundial comezou a circular entre grupos e colectivos sociais, co obxectivo de que sexa considerado polo comité organizador do evento que decidirá o próximo mes de xuño sobre a sede final.

A proposta estabelece que a sede física do encontro sexa a cidade de Belém e as asociacións que a promoven subliñan que non debería entenderse como unha candidatura unicamente brasileira. "Reunindo nove países, a rexión amazónica xa ocupa un lugar simbólico como centro dos debates mundiais sobre as consecuencias do quecemento global resultantes do uso insustentábel dos recursos do planeta", argumentan.

Destacan que os riscos de destrución forestal, a rica biodiversidade en perigo e tamén a súa "sociodiversidade, representada nas súas poboacións tradicionais e indíxenas" amosan que "outr mundo é posíbel e urxente".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: