Os textos non poderán superar os 140 caracteres e deberanse enviar a través de Twitter.com.
Logotipo da iniciativa
Un grupo de internautas, que emprega as novas tecnoloxías da web 2.0 para compartir experiencias arredor da lectura de libros galegos, convoca o primeiro concurso de microrrelatos Lemosgalego. Para participar hai que formar parte do grupo. É preciso estar rexistrado no servizo Twitter cun nome que comece por lg_ e ter como amigo o usuario lg_lemosgalego. A idea partiu de tres membros fundadores da rede de lectores, Leco, Alfredo Ferreiro e Martin Pawley.
Os relatos serán asubíos de non máis de 140 caracteres e deben ir entre comiñas. O prazo de presentación remata o 16 de maio ás doce da noite e as votacións desenvolveranse durante as 24 horas seguintes. O Día das Letras, á unha da madrugada, coñecerase cal é o microrrelato gañador.