Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Case 200 persoas completarán as listas da formación

Membros do PP galego irán en candidaturas de Euskadi

A provincia de Pontevedra achegará máis da metade dos afiliados, seguida da Coruña, Ourense e Lugo.

Redacción / EP - 19:16 26/04/2007

Preto de douscentos membros do Partido Popular de Galicia concorrerán como candidatos nas listas desta formación para as eleccións municipais no País Vasco. Entre eles hai dirixentes, militantes e simpatizantes.

A ex-presidenta do PP vasco, María San Gil, pedíralle á dirección galega do partido que achegase militantes que se quixesen integrar nas listas para completalas con afiliados doutros lugares do Estado. O presidente do Partido Popular en Pontevedra, Rafael Louzán, explicou que 130 militantes da provincia se uniron á iniciativa para que se poida votar pola súa formación en calquera localidade de Euskadi.

Fontes do PP galego apuntaron a Europa Press que militantes doutras provincias tamén se sumaron ás candidaturas do PP no País Vasco, onde haberá representación de 39 membros do PP coruñés, 19 do ourensán e outros 6 do de Lugo. O Partido Popular ten dificultade para confeccionar candidaturas en todos os municipios do País Vasco.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: