Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Publicidade online

Google merca DoubleClick por case 2.300 millóns de euros

A compañía do famoso buscador loitou con Yahoo, Microsoft e AOL por facerse con este xigante da publicidade na rede.

Redacción - 13:20 14/04/2007

Google volveu rachar co mercado ao adquirir DoubleClick por case 2.300 millóns de euros, mil millóns máis que os empregados o pasado mes de outubro para facerse co portal YouTube.

Coa operación, Google terá acceso ao sistema de xestión de publicidade online así como á base de anunciantes e de axencias asociadas a DoubleClick, empresa pioneira no desenvolvemento de campañas publicitarias en internet e do software para o seu control.

DoubleClick estaba a ser obxecto de disputa nos últimos días entre os seus principais pretendentes, Google, Yahoo, AOL e Microsoft. Segundo informou The Wall Street Journal, a compañía de Bill Gates retirouse da poxa logo de que o prezo superara os 1.500 millóns de euros.

Con este acordo, que será efectivo a finais de ano, Google tentará adaptar o uso da tecnoloxía de DoubleClick para seguir a desenvolver os chamados anuncios multimedia. Aínda así, Sergey Brin, cofundador da empresa, adiantou que loitarán por “conseguir que a publicidade por internet sexa mellor, menos intrusiva, máis efectiva e máis útil”.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: