Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sen cooperación do goberno dos EUA

Catro anos de impunidade desde a morte de Xosé Couso

O 8 de abril de 2003 o exército dos Estados Unidos asasinou en Bagdad o cámara de Tele5 Xosé Couso. Catro anos despois seguen as mobilizacións.

Redacción - 09:00 09/04/2007



"Catro anos de loita. Contra a impunidade!" Foi unha vez máis lema do cartel que este domingo convocou en Madrid a unha concentración cidadá diante da embaixada dos Estados Unidos. O obxectivo era protestar unha vez máis contra a falta de colaboración do goberno estadounidense na investigación do acontecido.

A comezos deste ano, o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz ordenara a captura dos tres soldados estadounidenses imputados pola morte do cámara galego. O 8 de abril de 2003 en Iraq, durante a invasión do exército dos EUA, membros deste corpo abriron fogo contra o hotel Palestina de Bagdad, onde se atopaban a maior parte dos xornalistas desprazados para informar sobre a guerra. Non era a primeira vez que o maxistrado ditaba esta mesma orde. Xa na altura do 19 de outubro de 2005 solicitara a detención dos militares, mais a súa decisión non se puido facer efectiva logo de que a sala do penal da Audiencia Nacional arquivara a causa o pasado 10 de marzo.

Máis información


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: