Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Galiza superou as 2.400 obras producidas en 2006

Editamos moitos libros, pero lemos pouco

A edición no país situouse no sexto posto a nivel do Estado, segundo datos do instituto estatal de Estatística.

Redacción - 13:06 20/03/2007
As editoriais galegas publicaron 2.444 libros o ano pasado

As editoriais galegas publicaron 2.444 libros o ano pasado

Galiza produciu 2.444 libros e folletos durante o ano 2006, que se traduciron en 4,5 millóns de exemplares. A nivel estatal, atopámonos no sexto lugar, por detrás de Madrid e Cataluña, que lideran o sector editorial, e de Andalucía, a Comunidade Valenciana e mesmo Castela e León, que conta con menos poboación.

Estes datos contrastan coa nosa posición no barómetro de lectura da federación estatal de editores que se publicou a semana pasada. Galiza atopábase, nesta clasificación, no penúltimo lugar, só por diante de Estremadura. Dentro da produción editorial do país, tamén se nota un importante desequilibrio territorial entre as metades occidental e oriental do noso territorio, pois nas provincias da Coruña e de Pontevedra editáronse 2.212 títulos, fronte aos 232 que sumaron Lugo máis Ourense.

As editoras galegas caracterízanse pola publicación maioritaria de obras na nosa lingua, que foron 1.406, o 57,5% dos títulos. Destes, 46 foron traducións doutros idiomas. A nivel estatal, o galego está en terceira posición, co 2,1% do publicado, a considerábel distancia do castelán (78,3%) e do catalán (11,7%), pero por diante do inglés (1,8%) e do éuscaro (1,5%). Así mesmo, un 1,1% dos libros editados no Estado o ano pasado estaban en portugués.


2/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: