Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Confirma que non colaborará co novo executivo

Israel pide que continúe o bloqueo sobre o Goberno palestino

O primeiro ministro israelita, Ehud Ólmert, asegura que non traballará cun Goberno que “ve o terror como método lexítimo”.

Redacción - 11:30 18/03/2007
Ólmert non descarta o diálogo con Abbas

Ólmert non descarta o diálogo con Abbas

“Agardamos que a comunidade internacional non se deixe enganar” sinalou este domingo Ólmert en referencia á petición que realizaba o novo Goberno de unidade palestina para que finalizase o bloqueo internacional sobre as súas institucións.

O primeiro ministro israelita pediu que se manteña a liña de conduta que se adoptou para illar a un executivo “que non acepta os principios do Cuarteto” de Madrid: o recoñecemento de Israel e dos acordos firmados pola OLP e a renuncia á violencia terrorista.

Malia isto, Ólmert non descarta o diálogo co presidente da Autoridade Palestina, Mahmud Abbas, aínda que matiza que os contactos estarían limitados por mor da presenza de Hamás na coalición palestina.

Segundo o dirixente israelita, “non podemos ter contacto co goberno e os seus ministros xa que este non está a aceptar as condicións da comunidade internacional e ve o terror como un método lexítimo para acadar os seus obxectivos”.


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: