Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Demanda dos consumidores

Dell está a valorar se ofrecer Linux nos seus ordenadores

O fabricante de ordenadores Dell recibiu máis de 100.000 peticións dos seus usuarios para instalar por defecto o sistema operativo Linux en vez do Windows.

Redacción - 17:34 09/03/2007
O Linux podería distribuírse nos Dell

O Linux podería distribuírse nos Dell

Dell Computer Corporation, primeiro fabricante de ordenadores persoais dos Estados Unidos, está a valorar ofrecer o sistema operativo Linux como unha alternativa ao Windows nos seus computadores.

Segundo informou un portavoz da compañía, máis de 100.000 clientes reclamaron nunha caixa de suxestións na web de Dell que os seus ordenadores inclúan Linux, un sistema operativo libre e de código aberto. O empresa norteamericana tamén informa na súa web que os seus clientes tamén demandan a instalación por defecto do paquete OpenOffice, alternativa de balde ao Microsoft Office.

Estímase que o usuario final podería aforrar uns 75 euros na compra dun ordenador novo ao non ter que pagar a licenza a Microsoft polo uso do Windows.


Ligazóns

3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: