Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
É O ÚNICO ENTRE DEZASETE ANTIVIRUS QUE FALLOU ESTE EXAME

O antivirus do Windows Vista suspende unha importante proba

O programa antivirus que ven de serie co novo Windows Vista, Live One Care, ven de fallar un significativa proba. Un grupo de consultores independentes, AV Comparatives, probou dezasete dos antivirus máis populares do mercado e só o de Mircrosoft suspendeu o exame. E que a ferramenta de Windows non foi quen de detectar máis do 17% dos virus aos que foi sometido, moito máis que calquera dos outros programas.

M.V. - 17:13 08/03/2007

Entre todos os sometidos á proba, o mellor foi AVK da empresa GDATA. En termos xerais todos os programas obtiveron boas cualificacións, polo que recibiron algún tipo de certificación por parte do grupo austríaco. O único que non recibiu algún tipo de certificación foi o produto de Microsoft.

Precisamente, un dos argumentos usados por Microsoft para promocionar o Vista é que o novo sistema operativo ten menos problemas de seguridade co Windows XP. AV Comparatives ven publicando análises de antivirus dende hai máis de catro anos e é unha das principais referencias da industria. Ademais do AVK, as ferramentas TrustPort, AVIRA, F-Secure, Kaspersky e eScan obtiveron a máxima cualificación. Curiosamente, entre os antivirus que obtiveron un aprobado raspado están dous dos programas máis populares no país, McAfee e Doctor Web.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: