Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CONCELLO OUTORGOU LICENZA PARA MÁIS DE 6.000 VIVENDAS NO ÚLTIMO ANO

O Consello da Xunta fai oficial a suspensión do plan de urbanismo de Barreiros

Tal e como xa anunciara Política Territorial, o Consello da Xunta decidiu anular este xoves as normas de planeamento urbanístico do Concello de Barreiros, na Mariña Oriental, e aprobar unha ordenación urbanística provisional. Segundo explicou o titular do Goberno, Emilio Pérez Touriño, a medida tómase porque o número de licenzas rexistradas no último ano -seis mil vivendas para un municipio de tres mil habitantes-, amosan "un crecemento urbanístico desorbitado". Ademais, engadiu que as normas polas que se rexía o concello eran obsoletas, xa que databan de 1994 e non se axustaban á Lei do Solo de 2002.

  • Anteriores: Suspenderán o urbanismo do concello lugués de Barreiros

- 16:51 01/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)