O poeta Xabier Queipo participará este xoves nun recital que se vai desenvolver na libraría Passa Porta. No acto intervirá o colectivo de poetas bruxeleses do que el forma parte. Queipo, que lerá os seus poemas en galego, estará acompañado doutros autores que recitarán obras en neerlandés, francés, árabe e castelán. O grupo poético de Bruxelas, unha idea do escritor David Van Reybrouck, xurdiu para reflectir a riqueza da poesía internacional que existe dentro da capital belga. O grupo de novos poetas estará tamén, do 2 ao 4 de marzo, no festival BRXL BRAVO, en que expoñerá poemas en varios lugares da cidade, e o 11 de xullo fará a súa presentación oficial.