Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
CONTAN CON ESTUDO DE GRAVACIÓN PROPIO

Boiro inaugura o sábado locais de ensaio municipais

O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana González, o Director Xeral de Mocidade e Solidariedade, Rubén Cela Díaz e o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes presidirán o acto de inauguración dos locais de ensaio municipais. Contan no seu equipamento cun estudo de gravación, todo un plus posto ao servizo da mocidade, que poderá gravar neles as súas maquetas para logo distribuílas. Están situados na planta baixa do Centro Social de Boiro e contan cun total de douscentos metros cadrados distibuídos en catro locais de ensaio insonorizados e un almacén de material, alén do propio estudo.

- 07:58 15/12/2006
Tags:

O Director da Escola de Música de Boiro, Luís Miranda, será o encargado de realizar a visita guiada polas instalacións donde, o Director Xeral de Mocidade, Rubén Cela e a Concelleira de Mocidade, Dores Torrado, realizarán unha exposición explicativa da Rede Galega de Locais de Ensaio de Galicia. A visita continuará coa actuación, nos propios locais de ensaio, dos xoves grupos de boirenses, Golden DX (rapaces de 18 anos facendo pop punk), Agoraphobia (rapazas de 16 anos facendo pop punk) e o grupo de música tradicional Gaiteiros da volta do monte (rapaces e rapazas de 15 anos).

Con esta liña de edición musical que abre a disposición dun local para gravacións, –que se suma á liña de edición audiovisual, gráfica e literaria- o Concello de Boiro, a través do proxecto Leñaverde, reforza a súa aposta pola creación contemporánea como elemento dinamizador e identificador da mocidade boirense na Comarca de Barbanza.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: