Os Ministerios de Cultura e de Industria, Turismo e Comercio teñen nove meses para elaborar unha lista de productos, soportes e aparellos suxeitos ao cobro do canon dixital que impón a recén aprobada Lei da Propiedade Intelectual. Este prazo establéceo a mesma lei, que entra en vigor o día 29 deste mes.
Os prezos dos productos van ser fixados polas entidades xestoras dos dereitos de autor, que terán que negociar co sector industrial baixo a tutela dos dous Ministerios. Terán que poñerse a traballar nun prazo de un mes desde a entrada en vigor da lei. En catro meses terán que solucionar a lista de aparellos e de cantidades, para que a reciban ambos ministerios e procedan á súa publicación mediante unha orde interministerial, que se terá que renovar cada dous anos.
Antes da entrada en vigor da lei xa xurdiron as primeiras contradiccións e protestas. Segundo informa a Asociación de Internautas, moitas tendas de informática están a solicitar aos seus clientes que os denuncien polo cobro do canon. Evidentemente non se trata de tirar pedras contra o seu propio tellado, senón de crear un forte presión social contra da lei. Neste senso, hai xurisprudencia de casos semellantes nos que unha tenda tivo que devolver a un comprador o importe do canon dixital ao acreditar este que o que mercara era para copiar material propio e non suxeito aos dereitos de autor.
Anteriores: