Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
[Triatlón] [Seleccións Galegas]

Aída Valiño e Saleta Castro entran coa bandeira galega na meta de Estoril

Na súa primeira competición internacional en categoría absoluta, as dúas participantes galegas deixaron en bo lugar a nosa selección no seu debú internacional, a primeira proba da Copa de Europa, que se está a desputar na mañá deste domingo en Estoril. Aída Valiño chegou á meta no 12º lugar e Saleta Castro de 22º, e as dúas entraron ensinando orgullosas a bandeira galega. De primeira chegou a portuguesa Vanessa Fernández, actual campioa continental. A proba masculina está transcorrendo nestes momentos, co galego Xavier Gómez Noia en moi boa posición logo de saír primeiro da proba de natación e cuarto da de ciclismo. Vieiros infórmalles puntualmente dende Estoril.

- 16:53 10/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)