Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HOXE NA COMPOSTELÁ CASA DAS CRECHAS

Narf presenta o seu novo single, baseado nun poema mozambicano

NARF atopou no poema asinado en 1959 polo escritor mozambicano José Craveirinha -premio Camoes e referencia central da literatura en lingua portuguesa- unha mensaxe que precisaba para sí mesmo. Converterse en tambor a través dos versos do poeta, por riba de todo ser tambor para comunicarse e esconxurar medos e escuridades. Co single Quero ser Tambor, o músico Fran Pérez adianta o que serán o seu novo traballo e os seus novos temas o vindeiro ano no seo do proxecto NARF. O single, gravado no pasado mes de setembro de 2005 cunha banda eléctrica, reflexa cara onde van as pescudas deste músico que investiga ritmos e sonoridades. Hoxe preséntase ás dez e media na Casa das Crechas. Pódese descargar de balde aquí.

- 13:59 24/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)