Máis de dous millóns de artigos escritos en máis de duascentas linguas incorpora xa o proxecto Wikipedia que nacera o 15 de xaneiro de 2001 para facer escolma organizada de todo tipo de coñecemento ao xeito das enciclopedias tradicionais sumando o esforzo de internautas de todo o planeta e garantindo o acceso libre a toda a súa información. Arredor da metade das entradas atópanse na versión inglesa, coa alemá a continuación. Contámoslles que a segunda en brincar á rede fora a Viquipèdia catalá. E dous anos máis tarde, un 8 de marzo de 2003, chegaba a Galipedia, que a día de hoxe xa conta con máis de 11.500 rexistros.
Anteriores: