Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TERÁ QUE PAGAR UNHA SANCIÓN DE 788 EUROS

A CMT rebáixalle a multa pola internet sen fíos ao Concello de Ponteareas

Un euro por cada vivenda do concello, ata un total de 9.225 euros fora o castigo establecido para Ponteareas pola Comisión do Mercado de Telecomunicacións por non comunicarlle no seu día o inicio dos servizos de internet vía wi-fi. Logo da queixa do concello, que reclamou que a cobertura non chegaba a todo o contorno urbano da vila, a CMT deixa a multa en 788 euros.

- 10:58 14/07/2005
Tags:

Hai preto dun ano que a CMT considerara coma "infracción moi grave" que o concello ponteareán iniciase a prestación de servizos de internet de balde a través de conexións sen fíos sen terlle comunicado antes a súa iniciativa á institución regulamentadora. A CMT non admitiu coma argumento que o Concello reclamase que a rede estaba en período de probas, pero rebaixoulle a multa ao estimar que o número de vivendas das rúas ás que chegaba a cobertura desta rede era apenas unha décima parte do total de fogares do municipio.

O concello ponteareán foi autorizado pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións, en resolución do 14 de maio pasado, para a prestación do servizo de comunicacións electrónicas vía internet con posterioridade á propia recepción do expediente sancionador da Comisión do Mercado das Telecomunicacións.

As oportunidades das redes de telecomunicación públicas
Agrupar coñecemento e recursos de interese para axudar a administracións locais a poñer en marcha as súas propias políticas estratéxicas no eido tecnolóxico fora obxetivo da web presentada por un conxunto de empresas do sector durante as pasadas xornadas sobre o tema convocadas polo concello de Atarfe. Lembrámoslles que Atarfe recibiu o primeiro expediente sancionador que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións publicou contra un concello que ofrecía servizos gratis de internet por medio de redes sen fíos.

As tecnoloxías da información ofrecen unha boa oportunidade para deseñar estratexicamente o futuro das administracións locais e promover o desenvolvemento socio económico dos concellos. Nesa convicción, un conxunto de empresas vencelladas coa consultoría tecnolóxica, avogacía e hardware veñen poñían en marcha un punto de encontro no intercambio de información sobre as oportunidades deste tipo de proxectos para o local. O portal non é agora mesmo accesíbel, pero poden afondar sobre este tema na propia web das Xornadas de Atarfe.


Ligazóns

0/5 (0 votos)