Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FESTA DO TEATRO

'Fobias', mellor espectáculo do ano nuns María Casares repartidos

A novena edición dos premios María Casares de teatro, que todos os anos co gallo do Día Mundial do Teatro outorgan os membros da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena (AADTEG) decidiu repartir galardóns e recoñecer o carácter "comercial" de 'Fobias', unha peza que vira ao redor de catro mulleres que acoden ao psiquiatra. Esta comedia, dirixida por Lino Braxe e representada pola compañía Lagarta lagarta, tamén recibiu os premios á mellor actriz principal e ao mellor texto orixinal. A gran favorita, con once candidaturas, era O ano do cometa, do CDG, que levou 6 xerriñas nos apartados técnicos.

- 00:52 28/03/2005
Tags:

A gala, dirixida por Avelino González, foi áxil, amena e ata divertida. A presenza de diversos persoeiros da vida cultural do país, aínda que fose só para a entrega dos premios, concedeulle á cerimonia unha trascendencia e unha representatividade interesante. Durante as recollidas dos premios producíronse diversas alusións á retransmisión en diferido da cerimonia, que os actores e actrices galegas prefiren que a TVG realice en directo.

Os premios depararon un equilibrio entre as tres propostas que ocupaban un maior número de candidaturas. O ano do cometa, do CDG, partía como gran favorita con 11 categorías, pero só levou 6 xerriñas nos apartados máis técnicos (e en actriz secundaria). 'Fobias', da compañía Lagarta lagarta, é unha comedia de situación que vira ao redor de catro mulleres que acoden ao psiquiatra, e conseguiu os galardóns de mellor espectáculo, mellor texto orixinal e mellor actriz principal. Dous premios recibiu 'O encoro', de Teatro do Atlántico, que tivo recoñecemento á mellor dirección (Xulio Lago) e ao mellor actor secundario (Toño Casais).

Ademais, outorgouse o premio de honra Marisa Soto ao xornalista Luís Álvarez Pousa, polo labor desempeñado durante a súa etapa á fronte da Dirección Xeral de Cultura, en 1984, e como director da revista Tempos Novos.


PREMIOS COMPLETOS

Espectáculo
Fobias, da compañía Lagarta lagarta

Dirección
Xulio Lago, por O encoro (Teatro do Atlántico)

Actor protagonista
Roberto Leal, por [i[Indignos (María a Parva)

Actriz protagonista
Rosa Álvarez, por Fobias (Lagarta lagarta)

Actor secundario
Toño Casais, por O encoro (Teatro do Atlántico)

Actriz secundaria
Susana Dans, por O ano do cometa (CDG)

Texto orixinal
Xosé Luís Prieto, por Fobias (Lagarta lagarta)

Adaptación e tradución
Quico Cadaval, por O ano do cometa (CDG)

Música orixinal
Bernardo Martínez, por O ano do cometa (CDG)

Escenografía
Baltasar Patiño, por O ano do cometa (CDG)

Iluminación
Baltasar Patiño, por O ano do cometa (CDG)

Vestiario
Carlos Alonso, por O ano do cometa (CDG)

Maquillaxe
Dolores Centeno, por As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (CDG)


Ligazóns

0/5 (0 votos)