Dende a Illa da Arousa, onde ten raíces o ideólogo da formación, Miguel Allo, ata a Bretaña, onde naceu o violinista, toma referenza esta plural iniciativa musical nada en Bruxelas e con voz da eurovisiva belga-luguesa Verónica Codesal. Non hai programa de concertos por terras galegas a curto prazo, pero na súa nova web poden saber xa do seu proxecto.