O día 8 de outubro fanse seis meses da morte do cámara galego José Couso e do xornalista ucraíno Taras Protsyuk a consecuencia do disparo dun carro de combate norteamericano en Bagdad. A familia do cámara insiste en que o asasinato de Couso é un crime de guerra que o goberno americano se nega a admitir, falseando os feitos e negando unha investigación seria. Denuncia tamén que o goberno español asumiu desde o principio, con vergoñenta sumisión, a versión dos EEUU, pasando por riba das súas obrigas como estado soberano ante a traxedia dun cidadán do seu país. Nesta páxina poden consultar os actos organizados en memoria de José Couso e aquí unha entrevista co seu irmán Javier.
.