Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

As vacas aínda tolean, pero controladas...

Deica comezos deste ano Galicia acumulaba a metade dos casos positivos de ‘vacas tolas’ rexistrados no Estado. Dende aquela, do medio cento de casos no 2003, un total de 17 foron rexistrados na nosa comunidade. Na opinión do director do laboratorio de referencia sobre a EEB, o número de casos seguirá aumentando ata o 2005. Iso si, opina Badiola que os estrictos controis establecidos agora mesmo permiten dicir que a crise alimentaria tería rematado. No mesmo sentido vén de pronunciarse o consello regulador de Tenreira Galega, que anunciou que logo de recuperar durante o 2002 os niveis de venda anteriores á crise, para o 2003 agárdase incluso un incremento significativo.

- 07:00 16/07/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: