A tradición de augas termais da vila pontevedresa de Caldas e a busca dunha iniciativa cultural alternativa deron hai uns anos coa orixinal convocatoria así bautizada. Concello e organizadores presentan un evento consolidado entre as máis atractivas ofertas de lecer do verán galego como unha idea de cultura viva, comprometida e participativa, onde a tradición e os novos territorios culturais se comprementan. Durante todo mes e sucesivamente celébranse as semanas da arte e da solidariedade, da música e convivencia, e da formación e tradición. O punto forte, os concertos dos días 11 e 12, con Mastretta ou Tonino Carotone, entre outros. E o punto quente tirando cara terras interiores estará en Lalín. A Foliada trae este ano a Non Residentz, Shooglenifty e Psicofónica de Conxo, para o venres; Mr. Dixie, Dr Cotomondongo, Eliseo Parra, Rao Trio e Nass Marrakech o sábado, e xantar popular e jam sesions con músicos do conservatorio folque de Lalín para a tardiña do domingo.
.