Hoxe 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (AADTEG) entrega os premios de teatro María Casares. Compiten polo galardón ao mellor espectáculo, Teatro de Aquí, con Animaliños; Sarabela, pola Conxura dos Necios; e Chévere, con Río Bravo02. Aquí poden consultar a listaxe completa dos nominados. A gala celébrase no Teatro Rosalía da Coruña, a partir das 21.30 horas, e será retransmitida pola TVG á unha e media da mañá.
.