A cidade de Pontevedra convértese en punto obrigado de referencia á hora de falar das pelegrinacións xacobeas a Santiago. A celebración do Ano Santo terá á cidade do Lérez como unha das principais visitas a realizar polo seu contido histórico, cultural e beleza arquitectónica.
O Camiño de Santiago tamén chamado Camiño das Peregrinacións ou Ruta Xacobea, é un dos focos o que se encamiñou a piedade dos peregrinos dende ai séculos, "Oratoris Causa". O Concello de Pontevedra é un dos lugares polo que discorre o chamado Camiño Portugués ou Camiño Vello, denominado así por que foi uns dos primeiros que os fieis recorreron para chegar ata Compostela, xa que coma indican actuais investigacións, os homes de "Hispania" que ían face-lo servicio militar ás distintas rexións do imperio romano, e estes encargáronse de difundi-la noticia da existencia da tumba entre os crentes dende o ano 70 aproximadamente. A ruta portugésa deixaba os pereginos en Santiago dende o sur da antiga provincia romana. De feito, Pontevedra é a única capital de provincia dende o comezo deste Camiño, en Galicia ata a chegada a Santiago. A ruta nesta rexión se inicia cruzando o río Verdugo pola ponte medieval de Pontesampaio, onde se recorda a derrota francesa das tropas de Napoleón de mans dos habitantes desa zona, o que supuxo a ceda liberación de Galicia. A rúa do Concello que transcorre polo casco vello leva directamente o cruceiro de A Ballota. Maís tarde na mesma parroquia hai que cruzar outro río, o Ullo por una ponte de un só van e de medio punto, a Ponte Nova. O seguinte punto do camiño é un cruceiro no lugar de Cacheiro na parroquia de Canicouva, e para chegar a el hai que subir polos seus montes. Nesta zona solitaria mesturase o bosque coa rocha tan característica desta terra galega. O Concello de Vilaboa será percorrido dese este lugar ata pasar Santa Marta no que a ruta volve a derivar en Pontevedra, discorrendo pola parroquia de Tomeza ata chegar polo camiño do Gorgullón a capela da Virxe do Camiño, na que antigamente atopábase un hospital de leprosos. Antes de entrar na cidade de Pontevedra o Santuario da Virxe da Peregrina aplacaba a sede dos peregrinos e onde estes confiábanse a patroa dos camiñantes para chegar con bo pé o seu destino. A entrada na cidade producíase pola porta da vila, a chamada porta de Trabancas que chegaba a praza da Ferrería. O camiñante ía ata os actuais locais do Liceo Casino e do Teatro Principal, terreos onde atopábase o antigo templo románico de San Bartolomé, onde os peregrinos tomaba o último refrixerio antes de reanudar a marcha cara Compostela. A saída da cidade facíase pola ponte do Burgo ata o segundo altar dun peregrino deste camiño. O Apóstolo Santiago, na capela do Burgo despide os viaxeiros así coma a Peregrina os saúda. A rúa da Santiña leva os camiñantes pola beira da Gándara da Xunqueira nas parroquias de Lérez e Alba ata o Cruceiro de Pontecabras, onde o río da Granda acompañará o camiñante ata a igrexa de Santa María de Alba. A capela de San Caietano segue a marca-lo camiño que teñen que percorrer os viaxeiros antes de saír das terras do concello. Cancela, Castrado, Reiriz, San Mauro e Ponte Valbón son os últimos lugares polos que descorre a ruta Xacobea nesta terra. Os organismos oficiais están a tentar mellorar o camiño dotándoo de sinalización, limpeza das rutas e arranxos diversos coma xa foi feito en Pontesampaio e outras partes, aínda que queda moito por facer. Algúns grupos coma os Amigos do Camiño Portugués están a leva-la voz cantante na recuperación de estes lugares. A verdade é que o número de peregrinos que fan o traxecto pola ruta portuguesa é considerablemente maior do pensado, o cal non impide que se fagan melloras ou que o afecte a lei. Neste punto están os terreos de particulares que vense afectados por puntos da lexislatura que prohiben a construcción a 30 metros de ancho en dous franxas a partires dos limites exteriores que son de tres metros do camiño. Ademais os modelos, as formas e os proxectos teñen que estar aprobados pola consellería de cultura. Aínda que o camiño de Santiago e unha ruta que favorece o coñecemento da terra tamén a protección esta a causar algún problema entre os veciños que teñen fincas o redor desta ruta xa que o seu valor diminúe o non poder construír ou utilizar coma plantación xa que os productos que se cultiven teñen que estar relacionados co camiño. Antigamente este camiño facíase por unha forte relixiosidade. Agora esta xente é a que menos. Atoparse a un mesmo nos camiños solitarios, meditar ou a simple aventura son algunhas das motivación desta ruta secular que percorre moitos lugares e cidades só con un fin chegar a ver a tumba do Apóstolo Santiago. Conta a tradición que despois da morte de Xesús os Apóstolos esparexéronse polo mundo para predicar o novo Evanxeo. Un destes Apóstolos foi Santiago o Maior, tamén coñecido por Xacobo ou Baanerges (fillo do trono), e dise que este compañeiro de Cristo predicou as ensinanzas de Xesús na "Hispania" ; pero o seu regreso a Xerusalén, no ano 42, foi decapitado por orde do rei de Herodes Agripa I. O seu corpo foi trasladado por mar dende o porto de Joppe ata a rexión noroeste do lugar onde estivo predicando a doutrina de Xesucristo, "Gallaecia". Alí foi enterrado nun mausoleo ó pé do Libredón. Este suponse que foi o comezo das peregrinacións, no intre en que coñeceo lugar onde foi trasladado o corpodo Apóstolo, esto segundo as investigacións do estidioso do camiño José Manuel Abel. Nestes intres comeza a construcción dos edificios que albergaran os peregrinos no seu camiño. O primeiro foi una pequena e modesta Basílica que o rei Alfonso II mandou construír. No ano 1075 comeza a construcción da actual catedral románica. O Ano Santo Compostelá foi instituído polo Papa Calixto II, e confirmada por Alexandro III, na Bula Regis Aeterni , no ano 1179, no que se declaraba o Privilexio Xubilar sempre que a festividade de Santiago, o 25 de Xulio. Santiago convertese neses intres no santuario Cristián máis visitado, superando a Roma e a Xerusalén. Santos e reis; cabaleiros e burgueses; campesiños e artesáns, todos visitaban a tumba do Apóstolo, ben a pé ou a cabalo. Tanto é así que no século XII un embaixador do emir Alí Ben Yusuf escribiu: " É tan grande a multitude de peregrinos que van a Compostela e dos que volven, que case non queda libre a estrada cara a occidente". A corrente ininterrompida de peregrinos que viñan de tódalas partes do mundo, fixou unha rede viaria con elementos preexistentes e outros que se farían froito destes traxectos. Xurdiron igrexas, hospitais, mosteiros,... e incluso núcleos urbanos, ademais de cruceiros ou outras sinais. Os cambios de relixión do norte de Europa e Inglaterra, as guerras con estes e outros países e as duras relacións entre os gobernos dos lugares polos que discorre os distintos camiños provocaron que a partires do século XV diminuíse o número de peregrinos ata case desaparecer a tradición. Os beneficios socioculturais dos que disfrutaron as rexións polas que discorría o camiño víronse afectadas. Comercio, economía, arte, literatura e ideas comezaron a circular de xeito máis lento. O redescubrimento das reliquias, escondidas polo Arcebispo San Clemente por temor a una invasión inglesa, e o tesón do Cardeal Payá fai que a partires do ano 1884 as peregrinacións volvan a estar ben consideradas ata estes intres en que incluso o Consello de Europa en 1987 recoñeceu o Camiño de Santiago coma "Primeiro Itinerario Cultural Europeo". Independentemente de cando ou como se comezou coas peregrinacións a Santiago, o feito é que chegaron ata nos coma rutas de unión de Europa, Asia e Africa, e aínda que perderon a importancia espiritual e comercial que tiña nos séculos XI o XV, moita xente segue a percorrela por tódalas súas vertentes.