Esta noite é a gala do teatro galego. No Teatro Rosalía de Castro da Coruña entregaranse os Premios María Casares de teatro, que coinciden nesta ocasión co Día Internacional do Teatro. As obras candidatas ao mellor espectáculo son "A burla do galo", do CDG; "Criaturas", de Teatro do Aquí; e "O lapis do carpinteiro", de Sarabela Teatro. Ao galardón de mellor dirección optan Xoán Cejudo, Roberto Vidal Bolaño e Ánxeles Cuña. Aquí poden consultar a listaxe completa dos nominados.
.