A empresa de edición electrónica Lugonet ven de facer trocos importantes na súa web matriz.
O obxecto destes cambios é potencia-la promoción dos aloxados en Lugonet e simplifica-la navegación a traverso deste amplo directorio lucense.
Así, desaparecen seccións coma as guias de usuarios e de empresas e incorpórase un buscador para os aloxados e demais clientes da editora lucense. Manténse, por suposto, a información sobre a propia Lugonet e o seu sistema de traballo, e tamén a sección de enlaces, con pequenas seleccións de outras páxinas lucenses, buscadores xenéricos e información en xeral.