Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Antonio Oca

Sorprendente discurso de Sarkozy

11:45 23/11/2009

Sen entrar a facer valoracións globais das politicas conservadoras e populistas do presidente da República Francesa, ou tal vez por iso, coido que merece a pena reflexionar sobre o contido do discurso “Un novo futuro para a nosa agricultura”, pronunciado o pasado 27 de outubro na pequena vila de Poligny ubicada na rexión do Franco Condado.

 O primeiro que compre dicir é que neste caso,  non son cantos de serea, xa que, para facer fronte a grande crise que están a pasar os agricultores franceses, pon á súa disposición 1650 millóns de €. (650 millóns a fondo perdido e 1.000 en préstamos a 10 anos con tres de carencia á un xuro do 1,5%  e que no caso de que o titular teña menos de 35 anos reducese ao 1%.) Este plano de apoio estatal entra en vigor este ano.

Resultan reconfortantes as verbas de Sarkozy para os que non damos creto que o mercado sexa capaz de resolver todos os problemas económicos coa única condición de que  se deixe actuar libremente, ou o que é o mesmo, sen ningunha norma que o regularice.

¿Como é posible esta herexía que racha con moitos dogmas da actual Política Agraria Comunitaria?. Pois segundo afirma vaino levar a cabo desde dentro da UE:

 “ Metendo a Francia no corazón do proxecto europeo, estaremos nas mellores condicións de propor unha nova regulación da Política Agraria Común (PAC) no 2013. Podedes contar coa miña determinación total nas futuras negociacións. Non vou ceder porque o que está en xogo é estratéxico para Francia, o seu futuro, a sua identidade, o seu poder económico e incluso a sua independencia nacional ” di Sarkozy.

¿Tan impotante é o sector agroalimentario na economía e na sociedade francesa?
“Esta crise afecta á primeira industria do noso país con unha facturación anual de 163 millóns de €., por diante do sector da automoción. Afecta a 1,6 millóns de activos e 3,6 millóns de xubilados. Ningún sector se salva, ninguha rexión se salva”.

Verdade que chama a atención o grande peso que o sector agroalimentar ten nun país tan desenvolvido como Francia. Sarkozy non fala da cantidade de alimentos producidos. Fala do valor dos alimentos despois de producirse o peche do ciclo produtivo: Produción – Industria de Transformación.

En Galiza non se produce este valor engadido nin no leite, nin na carne de Vacún, nin no sector forestal...
No caso do leite producimos o 40%  do que se produce en España e só representa o 18% do valor do leite e produtos lácteos. ¿Qué sucede? Que carecemos dunha industria láctea que valorice e diversifique a mellor materia prima, leite crú, que se produce no Estado. Contamos con catro Denomincións de Orixe(D.O.) de excelentes queixos: Tetilla, Arzua-Ulloa, San Simón (o queixo de vaca mais premiado) e Cebreiro. Ainda que pareza mentira, elaborase mais queixo de barra, con destino a marcas blancas das grandes distribuidoras de alimentos, que do conxunto das catro D.O.

 Galiza debe apostar non só pola cantidade de alimentos producidos senon tamén pola sua calidade e diferenciación no mercado. Seguir o exemplo da evolución do sector vitiviñícola nos últimos 25 anos, sería un bo camiño.

 Segundo Sarkozy: “A crise revela un déficit de regulación europea e mundial que é urxente abordar. No 2008 e 2009 o índice dos precios aos productores caeron nun 20%, mentras que aos consumidores só diminuiron nun 1%. Esta diferenza non ten precedentes.

 Unha persona de cada seis no mundo padece fame. A resposta a esta necesidade consistiría en aumentar no 70% a produción de agora ata o 2050, sempre preservando o Planeta.

O sector financieiro sufriu as consecuencias dramáticas da falta de regulación do mercado. Non podemos permitir que continúe esta tolemia que está a desfacer o tecido agroalimentario do noso país. Non é de recibo que unha presa de especuladores ameacen a seguridade alimentaria en Europa...

Apostamos por contratos equilibrados, regulamentados polo Estado, que protexan aos produtores fronte ás industrias e os distribuidores. Estes contratos serán propostos a todos os sectores a través de acordos interprofesionais OU POR DECRETO”.

No ano 2008, cando Francia presidia a U.E., abriuse un debate sobre os principais  piares da PAC para despois de 2013. As propostas tentaban mellorar a regulamentación dos mercados agrícolas, esta iniciativa foi apoiada por 24 países dos 27 que a integran a U.E. A inefable Helena Espinosa, ministra do Ministerio dos Tres Medios: Ambiente Rural y Marino sumouse tarde, mal e arrastro. Tendo estes socialdemocratas, ¿ que falta nos fan os neo-liberais? Coido que a socialdemocracia é outra cousa.

4,38/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



É Enxeñeiro Técnico Agrícola e axente de extensión agraria desde 1967. Foi director xeral de Producións, Industrias e Calidade Agroalimentaria (2005-2009). »



Anteriores...