Eis porqué quero manifestar como directora xeral, é dizer, como cargo do goberno galego a miña discrepancia e oposición a Disposición adicional 17 da modificación da Lei da Función Pública Galega aprobada polo Parlamento Galego na sesión extraordinario do día 17 de xullo de 2007.
O termo aristokracia significaba segundo a súa orixe grega o goberno dos mellores, co paso do tempo pasou a definir a unha caste ou estamento privilexiada que acumulaba todos os dereitos e ningún deber e que transmitía o seu poder e riqueza polo sistema de herdanza en réxime pechado; no ano 1789 o pobo revolucionario de Francia eliminou o sistema de estamentos e privilexios sentando as bases da democracia en igualdade a través dos principios de liberdade, igualdade e irmandade tanto no político como no económico, principios básicos dos que nos nutrimos toda a cidadanía democrática en Galiza, en Europa e no mundo. Destes tres principios básicos emana o concepto da política como servizo público que todas as persoas que en ela traballamos e militamos debemos practicar e asemade transmitir. Eis porqué quero manifestar como directora xeral, é dizer, como cargo do goberno galego a miña discrepancia e oposición a Disposición adicional 17 da modificación da Lei da Función Pública Galega aprobada polo Parlamento Galego na sesión extraordinario do día 17 de xullo de 2007.
Os cargos públicos da Galiza democrática percibimos as retribucións que a lei contempla no exercicio do noso traballo durante o período que corresponde ao noso nomeamento, mais unha vez que este servizo remata, remata tamén o noso nível e as retribucións que del se derivan, mais o que non remata é o noso compromiso, ético e político con Galiza; polo tanto cando eu, como funcionaria pública volte ao meu traballo como docente quero ser igual en dereitos e deberes que @s compañeir@s que traballan comigo no centro de ensino onde teño o meu destino, e xunto con eles/as ser quen de reclamar se é preciso que a administración nos retribúa e considere o noso traballo coa dignidade da que somos merecentes; calquera outra situación sería privilexio e polo tanto mal uso do diñeiro público e contrario a práctica democrática que a política e a ética me esixe como militante, como galega e como funcionaria pública.
Quero pois dicirlle a@s compañer@s, amig@s que tamén os teño, cargos públicos do goberno galego que fagan público se así o consideran oportuno e así o pensan o seu desacordo coa Disposición adicional 17, e como en política ademais de pensar tamén cumpre actuar quero facer un chamamento a desobediencia política no acatamento desta norma e a insubmisión económica como criterio ético para deste xeito contribuír a que Galiza e o seu Goberno sexan mostra de ética rexenerativa.
Encarna Otero é na actualidade a Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda.
Artigos anteriores en Vieiros:
Tempos de labor (15/07/2005)
Vento de esperanza (19/05/2005)
Inmensa tristeza (14/04/2005)
Crónica de Euskadi (11/04/2005)
As contas das mulleres (08/03/2005)
A Europa merecente dun si (30/12/2004)
O riso das mulleres (22/11/2004) »