Enviado por ghozo o día 24.04.2009
...eramos como unha sorte de virxindade...fervíamos no bar coas palabras húmidas na orella...sabes o que che eu faría agora?...sei...
...desabotoar cada botón era como lamberte...soa moi alto o ruído dos corpos...cegos os dedos son outras prolongacións as que se tocan...as que se tocan...creo que estaba incompleta sen ti...téñote atrapado entre o sofá e as miñas pernas núas...só che deixo ficar coa camisa ben aberta...
...sorte de virxindade...sentirte nunha terceira dimensión volumétrica......como se me tocaran por primeira vez...horizontalmente...reiteradamente...reiteradamente... reiteradamente...
...pódesme sentir máis aínda?