Volver a Vieiros

Prender o lume

Enviado por pitima o día 14.04.2009

Fora Chovía. “A poda: natureza desbravada polo home”, pensei. Non puxen as luvas, sempre gustei de sentir a bravura nas mans núas, así que pinchei o dedo coa póla dunha roseira cando ía botala á lareira. O suave laio sorprendeu ós meus beizos deixando ó aire certo matiz gozoso naquel sentimento á flor de pel. O sangue mormo fíxose esfera vermella pegada a quente pel das miñas afanosas mans. Chuchei nela, e, collendo no ar ese desexo prendido na túa mirada, adiqueime lasciva. Cando todo estivo listo, acheguei o chisqueiro as follas mentres xa notaba os teus urxentes dedos baixo a miña roupa. Curioso que prendera tan ben co verde que estaba todo. ¡Qué ben tira a miña lareira!


3,54/5 (111 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.