Enviado por Snob o día 10.03.2009
- Era cousa boa que deixaras de fumar - dixo ela, rexeitando o pitillo postcoital de rigor.
Respirabamos. Ela mastigaba con ansia. Botei o fume da primeira calada triunfal polo nariz.
- Sonche un home clásico, Eviña. Dos que non bailan, dos que sentan e súan e din tacos. Mastigar chicle despois de foder é algo que só podedes facer as rapazas.
- Fai a proba, vaqueiro. Queres que cho pase? Abre a boca e pecha os ollos.
Bicoume en profundidade, con moita lingua e moito cuspe, e deixou entre os meus dentes un agasallo con sabor a seme, a cona e lubricante. As quentes, viscosas e inconfundibles texturas dun condón recén usado.