Volver a Vieiros

Quelques jours en septembre

Enviado por diminutisima o día 10.03.2009

Abríchesme o vaqueiro e deixaches que a túa respiración profunda me quecese. Incómodo, movinme na butaca buscando a mellor postura. Lambiches. Moi amodo. Estabamos sós, ás escuras. Procurando non mancarme cos dentes grandes, separados, infantís. Pouco a pouco. Debuxaches paisaxes imposibles coa lingua. Unha e outra vez. Intentando manter o ritmo sen saber. Máis rápido. Coa túa boca pequena chea de saliva. Apertaches os beizos. Tragaches con présa. Os tráilers acababan de comezar.


2,83/5 (42 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.