Volver a Vieiros

a papuxa na caluga

Enviado por susanamoo o día 24.02.2008

Toca Siniestro. É verán. Castrelos reborda enerxía.
Metémonos no mogollón. Teño diante un mangallón saltando e suando. Xírase e sorrí (dáse conta de que o meu tamaño non me permite ver un carallo).
- ¿Queres subir ás miñas costas? Acepto. Agora son a máis alta.
Botamos. Ten os ombros amplos e a caluga quentiña, síntome excitada. Movo as cadeiras como quen segue o ritmo. Frótome contra o lombo do tipo, que semella disfrutar coma un anano. Os músicos tocan, a xente baila e eu córrome aquí enriba, berrando coma tola, sen que ninguén sospeite.


3,03/5 (117 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.