Enviado por Luanua o día 23.04.2009
Mireiche tras a xanela do teu apartado e fun cara a ti. Pechei a porta, corrín as cortinas e presenteime, vestida cunha minisaia plisada e aquela branca camisiña. Senteime no teu colo e admirei a virilidade túa, medrando... Baixeiche a cremalleira e púxencho ben. Acariñeime, descorrín a fita das bragas e craveima, ¡xuro que ma cravei!
Logo cabalguei riba de ti namentres abríasme a camisa violentamente descosendo os botóns que caeron a un chan que se movía trenqueleando. E estes doces melóns seguiron o ritmo aloucado da locomotora, e leveite, e leveime, até un orgásmico fin...
Baixei na seguinte estación.
Ti quedaches alí... sen saber que facer, sen saber que dicir.