Enviado por souto_alves o día 22.04.2009
Contemplaba Dalí nunha fendedela da parede a Gran Puta de Babilonia, coas súas alongadas pernas de corcel infernal sinalando a hora edípca nos reloxos derretidos, cando unha mosca pousóuselle no beizo inferior. Hhmmm. Non era de certo un mosquito mexericas de inverno, senón unha repoluda raíña do lixo e da calor. Dalí sentiu a metade do seu zumarento corpo deste lado da oralidade e da cultura, e aquelas afiadas patiñas, negras e suxas, apalpándolle os dentes até facerlle cóxegas na lingua, no canto de risa, provocáronlle, vaites, unha erección.
Entón Gala abriu a porta...e a mosca desapareceu