Enviado por piugo o día 10.03.2009
Co desexo fuchingador metido no corpo, entraron nun cine X. Dúas masturbadoras trompeteáronlles os mingallos. A película era nefasta, moi ruidosa; valer, valía. Namentres as profesionais facían por lles muxir os mangos, o batallador volveu erre que erre cos temas fiscais do bufete. Oíuse un Shhh, que estou vendo a película, hostias. O batallador baixou o ton de voz pero proseguiu coa parolada. Unha das prestidixitadoras do manubrio perdeu os nervios: óeme ben, pallaso, ou calas dunha puta vez ou vai ser túa nai quen che tire o leite.