Levaba dúas horas agardando. O seu home non chegaba. Espiuse e deitouse. Non agardou máis.
Ela e mailo seu home coma se fosen un.
Bicos nos beizos, bicos no pescozo. Bicos. Catro mans, moito suor e moitas gañas. Pasatempos de língua e xenitais. Xogos de nenos baixo as sabas. Respiración, palpitacións, e máis suor. Xemidos e berros. Ollos en branco e novas sensacións. O son acompasado da cama. Diversión compartida. Máis suor.
De súpeto espertou.
O seu home estaba ao seu carón.
Espertouno.