Mentras observo os seus ollos e aproximo os meus beizos ós dela agardando a correspondencia desa lingua de felacións pasadas, introduzo a miña man entre as túas coxas buscando o calor que sinto tamén xurdir dúas butacas máis atrás. É nos momentos de máxima acción, cando o protagonista dun film a quen ninguén parece prestar atención, acompaña as nosas arremetidas, sincronizadamente. E cando sinto que te desfás finalmente entre os meus dedos, paro bruscamente de bicala a ela para pedirlle entón, que case comigo.