Volver a Vieiros

Pechas os ollos

Enviado por Eunonsonpessoa o día 11.02.2008

Quero empurrar os teus beizos contra un muro e atravesarte e percorrerte e asfixiarte e definirte nunha palabra: vén. E non pensar máis na vertixe de saliva que converteu unha mirada de esguello nun escándalo público, e nun endurecer das partes moles, e na humidade túa que empapou os dedos meus. Aclámote agora porque pechas os ollos ao bicarme, e porque mesmo cando temos a boca chea de nós os dous, dis que es moi tímida e volves pechar os ollos.

2,88/5 (91 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede